Valcárcel Armesto, Montserrat2024-05-312024-05-312013978-84-9887-983-4http://hdl.handle.net/10347/34038A presente Unidade Didáctica (en adiante UD) encádrase dentro do Bloque Temático I da materia Hidroloxía, onde se caracterizan os distintos procesos que determinan a hidroloxía superficial. Para iso é preciso coñecer e definir o ciclo hidrolóxico e os procesos do escoamento superficial (UD II, III e IV), ademais de coñecer a importancia da unidade de traballo en hidroloxía: a conca hidrolóxica e ser capaces de delimitala. O hidrograma ten unha importancia capital na hidroloxía xa que é a representación do caudal de saída dunha conca en función do tempo, polo tanto, é o produto final do ciclo hidrolóxico. O caudal de saída nunha conca é a única variable que se pode cuantificar, como produto final, e serve de base para poder facer o estudo dos recursos hídricos dunha conca hidrolóxica. O hidrograma é polo tanto o resultado da relación chuvia – escoamento nunha conca e isto é produto das condicións meteorolóxicas, fisiográficas e de usos do solo. Nestas condicións os hidrólogos só poden actuar sobre os usos do solo, onde se pode influír de maneira significativa, xa que unha conca onde temos harmonicamente distribuídos os usos do solo, principalmente cunha boa cuberta vexetal, terá un mellor comportamento hidrolóxico no caso de situacións excepcionais de precipitacións. Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 10 horas (5 sesións de clases teóricas, 2 de seminarios, e unha práctica de laboratorio de 3 horas).glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Hidrogramasbookopen access