Rodríguez Domínguez, Ana2025-12-172025-12-172025https://hdl.handle.net/10347/44548Traballo de Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2024-2025Nalgunhas variedades romances, como o español de América, estase a producir un notable avance no proceso de substitución do futuro morfolóxico (-rei) pola forma perifrástica ir (a) + infinitivo para a expresión dos valores temporais de futuridade (Bermúdez, 2016). En galego, os estudos existentes (Meier, 1974; Rojo, 1974; López Martínez, 2012), aínda que apuntan cara ao mantemento do valor de prospección en ámbalas dúas formas, tamén amosan, con certas diferenzas, un aumento na frecuencia de uso do futuro analítico en detrimento do sintético. O traballo ten como obxectivo analizar os valores e a distribución do futuro morfolóxico e da construción ir + infinitivo nunha selección de textos narrativos escritos do século XXI. Á fin de dar conta dos factores que poden determinar a escolla dunha ou doutra forma cando estas se atopan en situación de alternancia, examinaranse os seus usos atendendo a unha selección de variables que resultaron relevantes en estudos previos (Bauhr, 1989; Sedano 1994, 2006; López Martínez, 2012): a distancia temporal, a persoa gramatical do verbo, o tipo de oración e a modalidade. Para a obtención de datos, empregarase o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que permite a recuperación automática das formas propostas para o estudo, de acordo coa tipoloxía textual e o período cronolóxico establecidos. Preténdese, deste xeito, comprobar se a expresión de futuridade no galego segue ou non as tendencias de cambio lingüístico iniciadas noutras variedades, así como examinar a incidencia das variables na escolla de cada unha das formasglgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Variación lingüísticaFuturidadeFuturo morfolóxicoIr + infinitivoPerífrases verbaisVariación na expresión do futuro en galego a través de textos narrativos modernosVariación en la expresión del futuro en gallego a través de textos narrativos modernoVariation in the expression of future tense in Galician through modern narrative textsbachelor thesisopen access