Parga Braña, Miriam2024-04-052024-04-052023http://hdl.handle.net/10347/33431Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2022-2023Os micoplasmas hemotrópicos (hemoplasmas) son bacterias intracelulares que infectan os glóbulos vermellos dunha gran variedade de mamíferos provocando anemias hemolíticas graves; no caso dos gatos, estes patóxenos provocan a anemia infecciosa felina. Os micoplasmas hemotrópicos atópanse amplamente estendidos mundialmente, e nos últimos anos están adquirindo gran relevancia en España. Os obxectivos deste traballo de fin de grado foron determinar a posible presenza de micoplasmas hemotrópicos nos gatos do noroeste de España e identificar as especies atopadas de xeito molecular e, tamén, se existe influenza de factores como a idade, o sexo, a presenza de pulgas e o estilo de vida dos gatos sobre a presenza destes microorganismos. Para isto realizouse unha mostraxe dun total de 74 mostras de sangue enteiro de gatos do noroeste de España, recollendo ademais diferentes datos sobre a súa procedencia, sexo, idade, presenza de pulgas e o seu estilo de vida. A partir das mostras de sangue enteiro realizouse unha PCR convencional para a detección de micoplasmas hemotrópicos, e a continuación as mostras positivas foron secuenciadas mediante o método Sanger. Por último, construíuse unha árbore filoxenética coas secuencias obtidas e outras de referencia previamente descritas e realizouse unha análise estatística para estudar si entre as variables recollidas e a positividade había diferencias significativas. Un total de 12 mostras (16,22 %) resultaron positivas a Mycoplasma spp. hemotrópicos mediante PCR. As especies atopadas e as súas prevalencias foron as seguintes: Mycoplasma haemofelis, 6,76 %; “Candidatus Mycoplasma haemominutum”, 6,76 %; Mycoplasma wenyonii, 1,35 %; e “Candidatus Mycoplasma haemobos”, 1,35 %; así, este traballo arroxa nova información sobre a presenza das diferentes especies de micoplasmas hemotrópicos no noroeste de España. Polo que respecta ao estudo estatístico, as variables idade e sexo non presentaron relacións significativas coa positividade (p > 0,05), mentres que a presenza de pulgas e o estilo de vida colonia-acceso ao exterior si mostraron diferenzas significativas (p < 0,05). Estes resultados reforzan a idea de que a transmisión mediante vectores como as pulgas e a transmisión por contacto directo son as formas de transmisión máis importantes nestas infeccións. Ademais, este estudo supón a primeira descrición de “Candidatus M. haemobos” en gatos, un micoplasma hemotrópico cuxo hospedeiro principal son os bóvidos.glgAtribución 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by/4.0/Micoplasmas hemotrópicosGatosPCRFactores de riscoSecuenciaciónFiloxeniaPresenza de Mycoplasma haemofelis e outros micoplasmas hemotrópicos en gatos do noroeste de Españabachelor thesisopen access