Aboal Viñas, JesúsPacín Salvador, María do Carme2025-10-152025-10-152025https://hdl.handle.net/10347/43087As algas pardas, en particular as do xénero Fucus, desempeñan funcións ecolóxicas clave nos ecosistemas costeiros temperados, como a produción primaria ou a creación de hábitats estruturais. Porén, a súa capacidade para acumular elementos potencialmente tóxicos pode alterar a súa fisioloxía e facilitar a transferencia de contaminantes a través da cadea trófica. Esta propiedade motivou o seu uso como biomonitores, aínda que con limitacións, na avaliación ambiental mariña. A pesar da redución dalgunhas emisións industriais grazas a políticas máis estritas, o actual escenario de contaminación costeira segue marcado por presións derivadas da elevada pegada ecolóxica humana, a aparición de contaminantes emerxentes, como as nanopartículas metálicas, e os efectos do cambio global sobre parámetros ambientais que afectan á mobilidade e biodispoñibilidade dos metais.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/AlgasBiomonitorizaciónContaminación mariñaTendencias temporais330801 Control de la contaminación atmosférica241713 Ecología vegetal251002 Oceanografía químicaAs macroalgas como ferramentas de control ambiental: da escala rexional ao cambio globaldoctoral thesisopen access