Míguez López, María2013-03-142013-03-142010MÍGUEZ LÓPEZ, María: «Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 44, (2. Semestre 2010), pp. 57-930214-9117http://hdl.handle.net/10347/7560Canción do Sur (Song of the South, 1946) é un filme de Walt Disney practicamente descoñecido. Non está á venda en formato doméstico en ningún país do mundo e nos Estados Unidos é o único título da compañía nunca comercializado en VHS nin en DVD por mor do seu suposto racismo. O filme baséase nas Historias do tío Remus de Joel Chandler Harris. Nelas, un antigo escravo relátalle ao fillo da súa ama fábulas sobre animais. Nesas historias un coello burla, a base de enxeño, os seus inimigos o raposo, o oso e o lobo, máis forte ca el. Estes relatos foron pasando de xeración en xeración de escravos para que estes, aprendendo das súas ideas sobre como vencer os máis poderosos, puidesen facerlles pequenos enganos aos amos e ter unha vida un pouco máis levadía. Mais, a pesar da súa base subversiva, o resultado foi un filme cualificado por diversos críticos como un dos máis racistas da historia do cinema. Porén, o éxito que acadou entre o público foi notábel, froito das características do momento histórico no que viu a luz: dunha banda, a loita polos dereitos civís comezaba a agromar nos Estados Unidos mais, neses anos, certas actitudes cara á poboación afroamericana eran consideradas aínda normais, de aí a división de opinións que causou.glgcinemaCanción do SurDisneyracismoescravitudesubversivoideoloxíadereitos civísGuerra de Secesión americanatío RemusJoel Chandler HarrisCanción do Sur, unha obra singular de Walt Disneyjournal articleopen access