Sousa Fernández, XulioRodríguez Lorenzo, David2022-10-212022-10-212022http://hdl.handle.net/10347/29352O traballo ten o obxectivo de estudar o cambio lingüístico do galego falado entre o primeiro terzo do s. XX e a primeira década do s. XXI. Os materiais que se analizan están tomados de tres proxectos de documentación xeolingüística realizados en tres momentos deste intervalo: o ALPI (1934-1935), o ALGa (1974-1977) e a NEnq (2008), denominación coa que identificamos o proxecto desenvolvido especificamente para rexistrar os datos do período máis recente. A investigación enmárcase na lingüística variacionista e na análise do cambio lingüístico en tempo real. No estudo combínase a observación do cambio lingüístico en variantes correspondentes a variables fonéticas, morfolóxicas e léxicas coa análise da súa evolución ó longo de tres etapas marcadas pola datación dos materiais empregados.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/galegovariacióncambioxeolingüísticaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570510 SociolingüísticaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5703 Geografía lingüísticaVariación e cambio lingüístico en tempo real. Un estudo sobre o galego con base en materiais xeolingüísticosdoctoral thesisopen access