López Facal, RamónGómez Carrasco, Cosme JesúsCastro Calviño, Leticia2021-03-292021-03-292021http://hdl.handle.net/10347/25118A tese de doutoramento recolle o deseño e aplicación do programa Patrimonializarte e a súa avaliación seguindo o Modelo de Avaliación de Programas de Educación Patrimonial (MAPEP). Trátase dunha investigación avaliativa dun estudo de casos que segue o principio de complementariedade metodolóxica no que se utilizan instrumentos cualitativos e cuantitativos, que permiten obter información rigorosa dos múltiples aspectos do programa. O MAPEP atende aos seguintes momentos: avaliación de necesidades; deseño do programa e avaliación; avaliación inicial; realización; avaliación do proceso; avaliación final e metaavaluación. O obxectivo principal é comprobar a eficacia, eficiencia e efectividade do programa deseñado. Preténdese analizar se contribúe a que o alumnado participante de educación infantil, primaria e secundaria desenvolva unha apropiación simbólica, sensibilización, identificación e concienciación sobre o patrimonio próximo. A participación na avaliación de alumnado, profesorado, familias, autoridades locais e xestores do patrimonio permite analizar o impacto do programa na comunidade escolar e local.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/educación patrimonialavaliación de programasprograma PatrimonializarteModelo de Avaliación de Programas de Educación Patrimonio (MAPEP)Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosModelo de Avaliación de Programas de Educación Patrimonial (MAPEP). Deseño e avaliación do programa Patrimonializartedoctoral thesisopen access