Gude Fernández, Ana2024-05-302024-05-302012978-84-9887-895-0http://hdl.handle.net/10347/33998Esta unidade didáctica forma parte da materia “Dereito Constitucional II”, sendo o seu destinatario o alumnado do segundo curso do Grao en Dereito. Os chamados dereitos da personalidade non formaron parte das declaracións de dereitos ata épocas relativamente recentes. A Declaración universal de Dereitos humanos recólleos no artigo 12 e a Constitución española de 1978 no 18. Foi o primeiro texto constitucional do noso país en regulalos. Unha democracia digna de tal nome non pode afirmarse sen o recoñecemento dos dereitos da personalidade. Se os cidadáns non estivesen protexidos na súa honra, intimidade e propia imaxe fronte ao uso que se pode facer da información que existe sobre elas, a súa liberdade para tomar decisións na sociedade veríase extraordinariamente limitada e a súa autonomía gravemente mermada. Ao igual que tamén, en consecuencia, o estarían as súas relacións políticas.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Dereitos da personalidadebookopen access