Lorenzo Vázquez, RamónBoullón Agrelo, Ana IsabelMéndez Fernández, LuzUniversidade de Santigo de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega2016-04-152016-04-152016-04-15http://hdl.handle.net/10347/14597Con esta tese de doutoramento, O Tumbo das viñas de Ribadavia. Estudo histórico e lingüístico, quérese facer unha achega á investigación sobre os primeiros textos romances de Galicia. O traballo baséase na interdisciplinaridade e por iso abrangue todos aqueles aspectos que se consideraron necesarios para o perfecto encadramento dos textos que compoñen o pergamiño coñecido como Tumbo das viñas no seu tempo e no seu contexto lingüístico. Deste xeito, tratáronse aspectos paleográficos, diplomáticos, históricos prosopográficos e lingüísticos. Estudáronse de xeito especial as caractísticas diplomáticas, para profundar no tipo documental enquisa que, dentro da categoría dos documentos non dispositivos, emerxe como fornecedora dos primeiros textos nas linguas romances do noroeste peninsular. A este respecto, ofrécese unha panorámica da enquisa na documentación galega desde os primeiros textos ata o ano 1300, a partir dun corpus de preto de cen documentos. Con particular detemento e coa metodoloxía da lingüística histórica e comparada, realizouse tamén o estudo da lingua dos textos que compoñen o Tumbo das viñas, que inclúe a súa gramática, o seu léxico e unha pormenorizada investigación da onomástica, tanto persoal coma dos nomes de lugar. As conclusións deste traballo permitiron datar os documentos, establecer os posibles motivos da súa elaboración e situalos no seu contexto histórico articular así coma nos correspondentes ámbitos lingüísticos.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glTombo das viñas de Ribadaviatextos romancesGalicialingüística históricaMaterias::Investigación::55 Historia::5505 Ciencias auxiliares de la historia::550507 OnomásticaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5702 Lingüística diacrónica::570201 Lingüística históricaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5702 Lingüística diacrónica::570202 EtimologíaO Tombo das viñas de Ribadavia. Estudo histórico e lingüísticodoctoral thesisopen access