Díaz Díaz, Xosé2013-03-122013-03-122013-03-12http://hdl.handle.net/10347/7508Rafael Dieste publicou en vida tres tratados sobre xeometría. As obras, tituladas Nuevo Tratado del Paralelismo (1956), ¿Qué es un axioma? Movilidad y semejanza (1967) e Testamento Geométrico (1975), constitúen a sección menos coñecida e estudada da produción diesteana. Os tres libros xiran en torno a un problema común: a cuestión da demostrabilidade do V Postulado de Euclides e, consecuentemente, a disxuntiva entre xeometrías euclidiana e non euclidianas como modelos lexítimos de verdade e representación. Á marxe dos aspectos estritamente xeométricos, ditas obras teñen especial relevancia polo seu alto rendemento filosófico, que axuda a abrir e comprender novas dimensións do autor. Máis alá dos contidos dedutivo-teoremáticos, a obra xeométrica de Dieste encobre un estudo sobre o estatuto ontolóxico e epistemolóxico de espazo, tempo e movemento. O obxectivo deste traballo non é outro que investigar as concepcións diesteanas de espazo, tempo e movemento, a súa competencia coa realidade e o lugar que ocupan nos procesos de coñecemento.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glDiesteXeometríaEspazoTempoMovementoRafael Dieste e a xeometría. Argumentos para unha concepción filosófica do espazo como índice de realidadedoctoral thesisopen access