Arosa Penín, Juan2019-02-012019-02-012018http://hdl.handle.net/10347/18190Traballo Fin de Grao en Psicoloxía. Curso 2017-2018[GL] O deterioro cognitivo leve (DCL) é un estadio intermedio entre o envellecemento san e o que cursa con demencia. No presente estudo seleccionáronse dous grupos de participantes (Control san e DCL) nos que se estudaron os cambios na conduta e na actividade eléctrica cerebral ante unha tarefa de memoria de traballo (MT) visoespacial, con tres niveis de dificultade (fácil, intermedia e difícil), determinada pola cantidade de items a codificar en MT. Os obxectivos principais foron a obtención dos índices condutuais e psicofisiolóxicos do procesamento da información na fase de codificación en MT, e a comprobación da existencia de diferenzas nestes índices entre o grupo control (envellecemento san) e o grupo con DCL. Nos parámetros condutuais observáronse incrementos coa idade nos tempos de reacción, así como diferenzas entre o grupo DCL e o Control, con un menor porcentaxe de acertos no primeiro, o que indica que a idade cursa cunha lentificación dos procesos atencionais e de MT nos dous grupos e que o grupo con DCL mostra unha menor eficiencia nos procesos de MT. En canto ós compoñentes dos potenciais evocados (PE) estudados, observáronse P1, P2, N2 e P300 nos dous grupos; pero non se atopou ningunha diferenza significativa entre grupos, nas amplitudes nin nas latencias deses compoñentes, o que contrasta cos estudos previos revisados. Discútese que a ausencia de efecto Grupo nos parámetros dos PE podería deberse a que o protocolo de preprocesado dos datos EEG foi moi riguroso na eliminación dos artefactos; por outra, os criterios de exclusión dos datos EEG en canto a número mínimo de épocas válidas de cada categoría, contribuíu a unha redución drástica do tamaño da mostra.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Memoria de traballo visoespacialEnvellecementoDeterioro cognitivo leveEnfermidade de AlzheimerPotenciais evocadosAgeingMild Cognitive ImpairmentAlzheimer’s diseaseEvent-related potentialVisual-spatial working memoryEnvejecimientoEnfermedad de AlzheimerPotenciales evocadosMemoria de trabajo visoespacialMaterias::Investigación::61 Psicología::6106 Psicología experimental::610601 Actividad cerebralEstudo dos cambios na actividade eléctrica cerebral asociados ao declive na memoria de traballo visoespacial, no envellecemento san e no deterioro cognitivo levebachelor thesisopen access