Seráns Pérez, Manuela2023-02-132023-02-132021-06http://hdl.handle.net/10347/30075Traballo Fin de Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos. Curso 2020-2021Nos últimos anos, as empresas españolas de conservas de peixe e marisco en xeral, e as galegas en particular, aumentaron notablemente as súas exportacións a terceiros. Os grandes países importadores, como Estados Unidos, desenvolveron unha normativa de aplicación aos produtos importados cada vez máis esixente coa finalidade última de garantir a seguridade alimentaria. O presente Traballo de Fin de Máster pretende contribuír a ampliar o coñecemento sobre a normativa norteamericana en relación coa seguridade alimentaria e, polo tanto, os requisitos legais que deben cumprir as conservas de peixe e marisco para poder ser exportados a este país. Para isto, farase unha revisión bibliográfica dos sistemas de control alimentario e das axencias e organismos reguladores implicados, abordaranse tamén o estudo dos prerrequisitos e o sistema de Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control, así como a importancia da súa correcta implantación e revisión continua. Por outro lado, tamén se describirán brevemente os sistemas de controis que se aplican ás conservas de peixe e mariscos. Por último, estudiaranse os requisitos establecidos pola Food & Drug Administration (FDA) para a exportación das conservas producidas en Real Conservera Española, S.L. a EE.UU., así como os trámites e as accións que debe realizar a empresa para cumprir axeitadamente a normativa estadounidense.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ExportaciónSeguridade alimentaria - NormativaConservas de peixeConservas de mariscoPrincipais normas de seguridade alimentaria para a exportación de conservas de peixe e produtos pesqueirosmaster thesisopen access