Espiño López, Lucía2025-02-072025-02-072022https://hdl.handle.net/10347/39621Traballo Fin de Master en Servizos Culturais. Curso 2021-2022Dende este traballo queremos resaltar a versatilidade da figura profesional do conservador-restaurador no ámbito museístico, dado o valor das súas achegas en distintos departamentos, e dentro de equipos de traballo multidisciplinares. En primeiro lugar, na vertente técnica, o papel dos restauradores é fundamental no coidado dos bens culturais e na redacción e implantación do necesario Plan de Conservación Preventiva. Esta ferramenta de traballo segue unha metodoloxía para identificar os factores de deterioro para as coleccións e edificios, e propón un método sistemático para o control dos riscos. Realizamos unha avaliación preliminar da Domus do Mitreo, os bens expostos, asignaremos significancias, estudiaremos as condicións climáticas e outros parámetros, para así elaborar un Plan que serva de base para establecer un protocolo que garanta a conservación a longo prazo dos bens nas mellores condicións. Mesmamente, os restauradores a miúdo colaboran con outros departamentos nunha dimensión máis didáctica e social, con aportacións na área de difusión, programando e realizando obradoiros. Neste eido, o coñecemento das técnicas artísticas, os procesos tecnolóxicos, e a experiencia con materias plásticos son de gran utilidade. Deste xeito, tamén as actividades inclúen outra dimensión, ao incorporar de forma implícita a conservación dos bens e o respecto polos mesmos, e facéndose unha forte aposta pola educación patrimonial. Neste traballo faremos unha proposta de programación anual, tendo en conta non só ao público escolar ou familiar, senón tamén o público xove e adulto.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Aportes da disciplina de conservación restauración en museos: do plan de conservación preventiva ás actividades didácticas. Aplicación na Domus do Mitreo, Lugomaster thesisopen access