Noya Noya, Roberto2015-04-142015-04-142014http://hdl.handle.net/10347/12996Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2013-2014Nos inicios do cinema de debuxos animados, a partires de 1920, os encargados de darlle vida ás personaxes animadas eran debuxantes. Estes profesionais eran capaces de xerar unha animación debuxando, fotograma a fotograma, o movemento que unha personaxe debía realizar (Fig. 1.1). Esta técnica foi amplamente utilizada nos anos posteriores, dando lugar a múltiples producións, entre as que destacan as da factoría Disney. A finais da década dos setenta xorden as primeiras técnicas para xerar imaxes ou gráficos por ordenador. Posteriormente, en 1981, aparece no filme Looker (M. Crichton, 1981) a primeira personaxe xerada por ordenador, pero non é ata 1985 cando, na película Young Sherlock Holmes (B. Levinson, 1985) se mostra, por primeira vez no cine, unha personaxe animada xerada integramente por ordenador (Fig. 1.2). A partires dese momento, a maneira de entender o cine de animación e os efectos especiais no cine de imaxe real cambia en consonancia coa evolución das técnicas de xeración de imaxes e de animación por ordenador.glgTratamento de imaxesAnimaciónsMaterias::Investigación::22 Física::2209 Óptica::220990 Tratamiento digital. ImágenesDesenvolvemento dun entorno interactivo de baixo custo para a animación de personaxes utilizando dispositivos de captura de movemento sen marcasbachelor thesisopen access