Quintans Badillo, Consuelo2023-01-032023-01-032022-06http://hdl.handle.net/10347/29712Traballo Fin de Grao en Enfermaría. Curso 2021-2022Introdución: manter a equidade en saúde é fundamental para o desenvolvemento sustentable. Obsérvanse desigualdades entre grupos poboacionais a nivel global determinadas polos factores socioeconómicos. Problemas ambientais como a contaminación atmosférica (carcinóxeno de Grupo 1) reforzan estas desigualdades, consideradas inxustas. Cómpre considerar as emisións do transporte, industria, tabaquismo e condicións da vivenda. Obxectivos: realizar unha búsqueda bibliográfica para coñecer os efectos nocivos da contaminación do aire sobre a saúde humana (concretamente o impacto no risco de morbimortalidade de cancro, enfermidades cardiovasculares e patoloxía respiratoria), indagar información sobre a relación entre desigualdades ambientais en saúde e determinantes socioeconómicos e valorar as estratexias para a reducción destas inequidades así como coñecer as competencias do rol enfermeiro. Metodoloxía: recuperouse un total de aproximadamente 99.550 artigos da base de datos PubMed e a través do motor de búsqueda Google Académico. Empregáronse palabras chave, filtros e criterios de inclusión detallados no Anexo I. Resultados: existe unha asociación robusta entre os efectos crónicos e agudos da polución do aire e a morbimortalidade do cancro, CVD e patoloxía respiratoria. A distribución de riscos e recursos presenta un patrón de inequidade, observándose grupos vulnerables en función do seu nivel socioeconómico que se ven máis afectados. As estratexias dirixidas aos coidados e estilos de vida teñen un impacto modesto frente ás intervencións a nivel poboacional, idealmente lideradas pola Enfermaría Clínica e Xestora. Discusión: os resultados sobre a falta de xustiza ambiental son consistentes, a pesar de certas limitacións que dificultan a valoración da exposición individual real e a avaliación dos resultados das intervención de Saúde Pública. Conclusión: a exposición á contaminación do aire é prevenible e intervencións comunitarias sobre este factor de risco xa probaron o seu éxito na reducción de desigualdades ambientais e mellora do estado de saúde. A disparidade en saúde será inevitable se non se contemplan novas estratexias e intervencións lideradas por Enfermaría.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Problemas ambientaisContaminación atmosféricaDesenvolvemento sustentableDesigualdadeXustiza ambientalDesigualdades ambientais en saúde: contaminación do aire, estado de saúde e grupos vulnerablesbachelor thesisopen access