Botana López, Ana María2014-02-112014-02-112013978-84-9887-991-9http://hdl.handle.net/10347/9851Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Garantía de CalidadeSegundo a Conferencia do Perfil Profesional do Diplomado en Nutrición Humana e Dietética a titulación persegue como obxectivo xeral a formación de "un profesional da saúde,con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social". A materia Garantía de Calidade serve para adquirir os coñecementos necesarios relativos á xestión da calidade en todos aqueles procesos nos que o dietista-nutricionista estea implicado, desde os diferentes campos nos que pode actuar.Esta materia é de vital importancia para a posterior implementación dalgúns dos obxectivos profesionais do Dietista- Nutricionista, que se relacionan a continuación:-asesorar no desenvolvemento, comercialización, etiquetaxe, comunicación e mercadotecnia dos produtos alimenticios de acordo ás necesidades sociais, os coñecementos científicos e a lexislación vixente;-interpretar os informes e expedientes administrativos en relación a un produto alimentario e ingredientes;-participar na xestión, organización e desenvolvemento dos servizos de alimentación;-intervir na calidade e seguridade alimentaria dos produtos, instalacións e procesos.Esta unidade didáctica encádrase na materia Garantía de Calidade correspondente ao terceiro curso do grao de Nutrición Humana e Dietética, que os alumnos teñen no segundo cuadrimestre. No mesmo curso, no primeiro cuadrimestre os alumnos cursan a materia Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria I, onde se lles explica que é a Seguridade Alimentaria, fálaselles do Codex Alimentarius, dos sistemas de aseguramento da calidade e das alertas alimentarias. Por tanto, cando chegan a Garantía de Calidade fixéronse conscientes xa da importancia dunha boa xestión da calidade nos diferentes aspectos e das bases nas que se fundamenta esta unidade didáctica. Comézase así encadrando a temática dentro do terreo da seguridade alimentaria, da problemática actual mundial na alimentación, de como se xestionan as crises alimentarias, para pasar a explicar cales son os protocolos nos que se basean as institucións e empresas alimentarias, que son a base desta unidade didáctica: a Xestión da Seguridade Alimentaria.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Industria AlimentariaSeguridade AlimentariaXestión da seguridade alimentariaCalidade na industria alimentariaSeguridad alimentariaGestión de la seguridad alimentariaCalidad en la industria alimentariaGarantía de CalidadeGrao en Nutrición Humana e DietéticaMaterias::Investigación::23 Química::2399 Otras especialidades químicas (especificar)Sistemas de xestión da seguridade alimentariabookopen access