Dubert García, Francisco2024-10-042024-10-042024http://hdl.handle.net/10347/35016Comunicación presentada no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico, Santiago de Compostela, do 03 ao 04 de outubro de 2024A expresión da 2ª persoa de singular do pasado perfectivo de indicativo (o conxunto de formas descendentes do sufixo verbal latino -ISTĪ) presenta no noroeste ibérico unha gran riqueza dialectal, pois sucesivas mudanzas lingüísticas causadas por fenómenos lingüísticos diacrónicos de diversa índole foron creando ó longo do tempo unha considerable variación: cantaste, cantastes, cantache, cantaches, bebeches, bebiches, bebestes... O estudo desta diversidade actual ilustra dúas facetas interesantes da variación. En primeiro lugar, mostra as virtualidades da mudanza lingüística, de como un ítem lingüístico base máis ou menos uniforme pode verse modificado de diversos xeitos en cada área por mudanzas diferentes. En segundo lugar, a observación destas variantes ensina como a expansión autónoma das distintas mudanzas lingüísticas que afectan a un mesmo ítem conducen da unidade á diversidade nun territorio. O método que seguirei consistirá na análise da distribución xeográfica das diferentes variantes de expresión das palabras morfosintácticas arriba descritas. Os datos tomaranse do ALPI, do ALGA, do ETLEN e doutros atlas de pequeno dominio e das monografías xa publicadas. Mostrarase como cada mudanza avanza con autonomía das outras. A superposición da extensión de cada un dos resultados destas mudanzas na expresión da mesma palabra morfosintáctica é o que acaba por conformar a paisaxe dialectal que hoxe contemplamos. A análise da expresión da 2ª persoa de singular do pasado perfectivo de indicativo vólvese unha ilustración de como se constitúe o mapa dialectal do noroeste ibérico e, no fondo, como se xeran os dialectos.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/galegoportuguésasturleonésdialectoloxía57 LingüísticaA expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico... ou como xorde a diversidade dialectalconference outputopen access