Sánchez Carreira, María del CarmenVarela Vázquez, Pedro2017-02-142017-02-142016http://hdl.handle.net/10347/15156As singularidades estruturais en rexións periféricas poden cuestionar as políticas de promoción sectoriais tradicionais e o impacto económico derivado deste desenvolvemento. Os principais obxectivos desta tese de doutoramento consisten na cuantificación do impacto económico do sector eólico galego na economía rexional, e analizar a interacción entre as capacidades produtivas locais e os axentes multinacionais para modernizar este sector. En relación coa análise do impacto económico, a metodoloxía baséase nos modelos input-output e na análise da cadea de valor sectorial. O estudo das interaccións sectoriais fundaméntase nunha nova metodoloxía que combina o enfoque sistémico e evolucionista dos sistemas de innovación e a perspectiva das cadeas de valor globais. As evidencias empíricas subliñan o impacto económico significativo do sector eólico na economía galega. Porén, a falta de masa crítica e a debilidade institucional, a inestabilidade lexislativa e o baixo desempeño innovador debilitan o desenvolvemento sectorial. Deste modo, é recomendable o fortalecemento das pautas de gobernanza.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glEnerxía eólica / wind energyPolíticas de promoción sectoriais / Sectoral promotion policiesImpacto económico / economic impactCadeas de valor globais / Global value chainsMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5307 Teoría económica::530704 Estudios del desarrollo económicoMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5303 Contabilidad económica::530304 Input-outputPolíticas de promoción de sectores eólicos periféricos. Estudo do sector eólico galego e os seus efectos económicosdoctoral thesisopen access