Trigo García, Belén2024-05-282024-05-282008978-84-9750-928-2http://hdl.handle.net/10347/33915O contrato de vitalicio consiste na prestación de alimentos a cambio dunha cesión patrimonial. A diferenza dos contratos arrendamento e parzaría, vistos no tema anterior, e da compañía familiar galega, que se verá no tema seguinte, o contrato de vitalicio non é exclusivo do medio rural. Desta forma, o cambio de circunstancias socio-económicas que carrexa o declive doutras figuras determina, en cambio, unha presenza do contrato de vitalicio cada vez máis importante no tráfico xurídico. Entre estas circunstancias cabe citar a modificación do modelo de relacións familiares ou o aumento da esperanza de vida. Proba deste crecente interese é a recente regulación polo lexislador estatal dunha figura equiparable, o contrato de alimentos; tamén cabe mencionar o proxecto de regulación da hipoteca inversa ou a introdución polo lexislador catalán do pacto de acollida de persoas maiores, chamado a cumprir fins semellantes ó contrato de vitalicio.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O contrato de vitaliciobookopen access