Fraga Guerra, Adrián2016-11-112016-11-112015-07http://hdl.handle.net/10347/14952Traballo de Fin de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria. Curso 2014-2015Ningunha forma de coñecemento se desenvolve á marxe do seu contexto natural, social e cultural. Estes contextos [etno], no noso mundo, son moitos e moi diversos, como tamén as formas de entendelo e convivir con el [matema] a través de técnicas e medios diversos [ticas]. Esta premisa converte a toda matemática en etnomatemática e invalida o paradigma absolutista que defende a existencia dunha única matemática, a occidental, que se expandiu por todo o mundo, excluíndo e substituíndo en moitos casos as matemáticas autóctonas. Hoxe en día, a diversidade cultural presente nun mesmo contexto obriga a poñer en valor as distintas formas de entender o mundo e de convivir con el. A comunidade chinesa de Lugo é un exemplo de colectivo que contribúe á riqueza cultural na nosa cidade. As escolas non son alleas a esta realidade multicultural e deben atendela e aproveitala. Neste traballo preténdese identificar as (etno)matemáticas dos chineses, mostrar que posúen unha dimensión sociocultural e propoñer pautas para a súa convivencia con outras matemáticas na mesma aula.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/EtnomatemáticasDiversidad culturalMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosIniciación á investigación etnomatemática: a comunidade chinesa de Lugobachelor thesisopen access