Flores Seijas, José Ramón2024-05-312024-05-312013978-84-9887-967-4http://hdl.handle.net/10347/34032Esta unidade didáctica corresponde ao estudo do focómetro, instrumento utilizado para a medida das potencias das lentes oftálmicas, que resulta imprescindíbel no lugar de traballo de calquera profesional relacionado co coidado visual: oftalmólogo, optometrista, óptico, ou técnico de óptica. Este estudo consta de dúas partes, diferentes mais relacionadas. Por unha banda estúdanse as bases teóricas do instrumento, nas aulas expositivas; e por outra, nas aulas interactivas e xa no obradoiro, apréndese a utilizar o instrumento: véndose as diferentes operacións que se poden realizar con el, en función dos distintos tipos de lentes. O groso do estudo é a parte práctica, que é por outra banda a que máis utilidade ten para os futuros profesionais. Mais non seria un estudo científico sen esclarecer, mesmo brevemente, os principios teóricos nos que se basea. O estudo teórico non pode ser exhaustivo, pois os alumnos de Óptica Oftálmica I non teñen por que ter estudado previamente a Instrumentación Óptica, que no actual plano de estudo do Grao de Óptica e Optometría se cursa simultaneamente con Óptica Oftálmica I. Mais cos coñecementos que xa teñen de Óptica Xeométrica pode entender sen demasiadas dificultades o funcionamento básico, a nivel óptico, do instrumento estudado.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O focómetro de ocularbookopen access