Vila Vázquez, GuadalupeVázquez Rodríguez, Paula2024-05-312024-05-312013978-84-9887-993-3http://hdl.handle.net/10347/34029Tódalas organizacións enfróntanse ó desafío que supón o establecer unha orientación estratéxica. Debido á dura competencia entre as empresas e a incerteza e turbulencia da contorna actual, cada vez faise máis necesario para os empresarios e altos directivos dedicaren un maior esforzo á determinación da estratexia empresarial. Este maior esforzo diríxese tanto á análise do posicionamento estratéxico como á elección e implantación da estratexia na empresa. E ten a finalidade de obter unha vantaxe competitiva sostible sobre a competencia, que lle permita acadar un resultado superior ó do resto dos competidores. A materia Estratexia Empresarial, correspondente ó 4º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas, recolle os contidos relativos a estratexia no marco empresarial. O seu obxectivo e dotar o alumnado dun marco para a análise da estratexia empresarial, sendo os seus elementos básicos: a) coñecer o posicionamento estratéxico da empresa, en termos da súa posición con respecto a contorna xeral e sectorial e da súa capacidade estratéxica, b) a toma de eleccións estratéxicas, e c) a posta en práctica da estratexia. Cada un destes elementos representa unha unidade didáctica no programa da propia materia. A unidade didáctica I. Introdución á Estratexia pretende actuar como tema introdutorio para o resto das unidades didácticas da materia e refrescar diversos conceptos que o alumnado adquiriu en materias anteriores da titulación, en concreto na materia Fundamentos de Dirección de Empresas do 1º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas. Así mesmo, buscarase que o alumnado sexa capaz de identificar diversos feitos acontecidos na realidade empresarial, os que fan referencia ós xornais, á televisión e outros medios de comunicación, como integrantes da estratexia empresarial. Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 6 horas e media, distribuídas en 2 horas e media de teoría e 4 de práctica.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Introdución á estratexiabookopen access