Rodríguez Gil, Luis Ignacio2024-05-312024-05-312013978-84-9887-968-1http://hdl.handle.net/10347/34009A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable é requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada periodicamente a través dos estados contables (balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo e memoria). As necesidades informativas dos diferentes usuarios xustifican a fragmentación da vida económica da empresa en exercicios económicos. En consecuencia, as entidades presentan información económica periódica referida aos exercicios económicos. Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan con coñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia está dirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrase como identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonio da empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todas e cada unha das etapas do ciclo contable, e unha vez introducido o concepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008. Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle comprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O ciclo contablebookopen access