Varela Portela, CristinaCrespo Comesaña, JuliaLorenzo Moledo, María del MarMíguez Salina, Gabriela DoloresSantos Rego, Miguel Ángel2024-04-092024-04-092023Míguez Salina, G., Santos Rego, M. A., Varela Portela, C., Crespo Comesaña, J., Lorenzo Moledo, M.ª M. (2023). Fondos de Coñecemento Familiar. O traballo de aula: situación de aprendizaxe e guía didáctica. Educación Primaria: Proxecto Competencial. Edicións USChttp://hdl.handle.net/10347/33467Esta situación de aprendizaxe leva por título «Historias de vida familiar e comunitaria». A xustificación desta temática ten unha dobre vertente: por unha banda, de acordo co disposto no citado decreto do Currículo de Primaria, trátase de traballar a aprendizaxe formal, non formal e informal, en todos os contextos e centrándonos nas aprendizaxes resultantes das prácticas culturais familiares, pero tamén da propia contorna. Por outra banda, seguindo a perspectiva inclusiva do enfoque dos fondos de coñecemento, o que buscamos é a inclusión curricular das formas de vida e saberes acumulados das familias e as comunidades do alumnado, como activos nos seus procesos de aprendizaxe. Os/as destinatarios/as desta proposta son as alumnas e alumnos do segundo ciclo da etapa de educación primaria, de 8 a 10 anos. As actividades teñen diferentes niveis de complexidade, polo que o profesorado deberá elixir aquelas que considere máis axustadas ao nivel madurativo do seu alumnado.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2023. Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0Proxecto competencialSituación de aprendizaxeFondos de CoñecementoEducación Primaria531204 EducaciónFondos de Coñecemento Familiar. O traballo de aula: situación de aprendizaxe e guía didáctica. Educación Primaria: Proxecto Competencialbook10.15304/op.2023.1689open access