Martínez Piñeiro, EstherVila Couñago, Esther2018-02-092018-02-092017http://hdl.handle.net/10347/16467A presente tese pretende ofrecer un marco explicativo e comprensivo da escolla dos estudos universitarios que realiza o alumnado galego ao remate do bacharelato. Tras unha revisión dos principais modelos teóricos existentes e dos factores asociados ás eleccións académico-profesionais, adoptamos unha concepción integradora que abarca a análise de diversas variables de tipo persoal, familiar, escolar e social para indagar –dende unha visión prospectiva proporcionada por estudantes de bacharelato e un enfoque retrospectivo achegado por alumnado universitario– nas claves que subxacen ás preferencias e ás escollas realizadas respecto á carreira universitaria. Emprégase unha metodoloxía mixta de investigación levada a cabo de forma secuencial: primeiramente realízase un estudo extensivo, de tipo cuantitativo, utilizando o cuestionario como instrumento de recollida de datos, e posteriormente un estudo intensivo, de tipo cualitativo, a partir de entrevistas semiestruturadas. Con base nos resultados obtidos, propoñemos liñas xerais de actuación orientadora axeitadas ás necesidades dos destinatarios/as.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glElección de estudos universitariosOrientación académico-profesionalMétodos mixtos de investigaciónMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosMaterias::Investigación::61 Psicología::6103 Asesoramiento y orientación::610303 Asesoramiento y orientación educacionalAlgunhas claves para comprender a escolla dos estudos universitarios polo alumnado galegodoctoral thesisopen access