Sánchez Carreira, María del CarmenRodil Marzábal, Óscar2014-05-162014-05-162013978-84-15876-58-8http://hdl.handle.net/10347/10495Titulación: Grao en Economía -- Materia: Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento EconómicoA unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao en Economía. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do contexto económico real no que desenvolverá a súa futura actividade profesional. Ademais, preténdese que con estas materias o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial, europea, española e galega, que están suxeitas a cambios continuos. O módulo comeza coa materia Estrutura Económica Mundial I de primeiro curso, continuando en segundo coa materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico. Posteriormente, en terceiro curso, impártense as materias Estrutura Económica de España e da Unión Europea, Estrutura Económica de Galicia e, Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. Por último, no cuarto curso, ofértase a materia optativa de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade. Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico é continuación da materia Estrutura Económica Mundial I. A organización didáctica conxunta das dúas materias pretende que o alumnado dispoña duns coñecementos teóricos que lle permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía; dotar ao alumnado dun coñecemento básico da estrutura e configuración da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías europea, española e galega. A finalidade é que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais con referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e, coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/DesenvolvementoDesarrolloÍndice de Desenvolvemento Humano (IDH)Índice de Desarrollo Humano (IDH)Crecemento económicoCrecimiento económicoModernización económica e socialSubdesenvolvementoSubdesarrolloDébeda externaDeuda externaDesigualdade de XéneroDesigualdad de GéneroÍndice de Pobreza MultidimensionalEstrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento EconómicoGrao en EconomíaMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5310 Economía internacional::531099 Otras (especificar)Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidadebookopen access