Santos Rego, Miguel ÁngelRial Sánchez, Antonio FlorencioAgrafojo Fernández, JavierUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social2016-02-042016-02-042016-02-04http://hdl.handle.net/10347/13821O presente estudo, co que se pretende optar ao grao de Doutor en Ciencias da Educación, xorde da idea de tratar de poñer en valor as diferentes competencias e habilidades, persoais, académicas e profesionais, que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que colabora en actividades de voluntariado e participación social obtén polas súas colaboracións. Pero non só dende unha visión teórica, senón dende a que eles mesmos perciben, logo de ter realizado as súas colaboracións. Así, son os propios estudantes os que nos fan ver que a adquisición de competencias pode ampliarse máis aló do tradicional enfoque de contidos de cada grao e, como non, poñendo en valor a participación social e o voluntariado, a través de metodoloxías da aprendizaxe xa testadas e recoñecidas noutras realidades sociais, pero que están iniciando a súa expansión no noso Estado, como é a aprendizaxe-servizo. Nesta investigación tratamos de poñer en valor tanto a visión que ten o alumnado das súas colaboracións como voluntarias e voluntarios, como a importancia dos novos servizos e estruturas que as institucións de ensino superior teñen posto en marcha nestes últimos anos. Tratase de validar as propostas vinculadas á Responsabilidade Social Universitaria que entidades como a Universidade de Santiago de Compostela teñen en marcha para así tratar de favorecer con novos e testados argumentos, a introdución da aprendizaxe-servizo como unha metodoloxía máis de traballo na aula, e fora da aula, que, ademais, se corresponderá cunha idea da educación superior máis implicada no desenvolvemento social e a adquisición de valores que, na complexa realidade da coxuntura pola que atravesamos pode supoñer a formación de profesionais socialmente máis activos e comprometidos co desenvolvemento de estruturas sociais, económicas e cidadás máis xustas e participativas, e que favorezan a desaparición das cada vez máis profundas e preocupantes desigualdades económicas e sociais nos escenarios nacionais e internacionais.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glVoluntariado universitarioParticipación socialResponsabilidade Social UniversitariaAprendizaxe-servizoMaterias::Investigación::59 Ciencia política::5909 Administración pública::590904 Servicios públicosMaterias::Investigación::63 Sociología::6307 Cambio y desarrollo social::630703 Política socialUniversidade, responsabilidade social e aprendizaxe-servizo: un estudo na Universidade de Santiago de Composteladoctoral thesisopen access