Muñiz-Mouro, Abel2021-07-192021-07-192015-02http://hdl.handle.net/10347/26585Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos. Curso 2014-2015No presente Traballo Fin de Máster realizouse un estudo sobre o proceso de captura/rexeneración de dióxido de carbono (CO2) por absorción en distintos disolventes químicos non empregados comunmente a nivel industrial. Establecéronse comparacións entre o uso de N,N‑Dimetiletilendiamina (DMEN) e o uso dunha mestura de etanolamina (MEA) e N,N-Dimetiletanolamina (DMEA) no proceso de absorción de CO2, podendo así analizar a influenza da composición do disolvente, tendo en conta que estes compostos aportan a mesma concentración dos mesmos grupos amino. Asemade establecéronse comparacións entre o uso dunha mestura de MEA e DMEA cunha relación equimolar de ambos compostos fronte a unha mestura cun 83.3% dos grupos amino procedentes de MEA. Os diferentes mecanismos de absorción de CO2 determináronse empregando a espectroscopía de resonancia magnética nuclear de hidróxeno e carbono para determinar as especies presentes no medio ao longo do tempo. A maiores, realizáronse experimentos de captura/rexeneración de CO2 en continuo que permitiron analizar o proceso completo e identificar a capacidade de rexeneración dos disolventes estudados, así coma a posible existencia de degradación do disolvente.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Cambio climáticoAbsorción de CO2Absorción de dióxido de carbonoCaptura de CO2Captura de dióxido de carbonoMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3303 ingeniería y tecnología químicasNovos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de co2master thesisopen access