López Iglesias, EdelmiroAndrade Calvo, José ManuelRibas Álvarez, AlfonsoFernández Piñeiro, Ángela2024-01-042024-01-042023http://hdl.handle.net/10347/31741Os resultados da estimación realizada poden resumirse así: • A cadea de produción vitivinícola xeraba en 2020 en Galicia unha produción de 361,6 millóns de euros, un VEB de 229,1 millóns e ao redor de 4.300 postos de traballo. • Iso supón o 7,6% do VEB e o 6,8% do emprego do complexo agroalimentario. E algo máis do 0,4% do VEB e do emprego total da economía galega. • Dos dous compoñentes da cadea, a industria vitivinícola achega preto do 41% do VEB, mentres que en termos de emprego ten moita maior relevancia a viticultura, que xera 2/3 dos postos de traballo da cadea produtiva. As 5 DOP vitivinícolas achegan o 1,9% do PIB e o 2,2% do emprego dos seus territorios, porcentaxes moi superiores ao peso da cadea vitivinícola no conxunto de Galicia. A dependencia relativa das actividades da DOP é especialmente elevada no Ribeiro, onde supoñen o 3,98% do PIB e o 5,4% do emprego. Mentres que, no extremo contrario, ese peso limítase ao 1,68% tanto do PIB e do 1,4% do emprego no conxunto dos concellos que forman hoxe o ámbito da DOP Rías Baixas.glgCC0 1.0 Universalhttp://creativecommons.org/publicdomain/zero/1.0/Denominacións de Orixe ProtexidasSector vitivinícolaGalicia531201 Agricultura, silvicultura, pesca540102 Geografía de las actividadesEstimación do impacto socioeconómico das DOP vitivinícolas de Galiciareportopen access