Nogueira Pereira, María XesúsTeijeiro Suárez, Eva María2025-09-302025-09-302025https://hdl.handle.net/10347/42951Nos anos centrais da segunda metade do século XX, nun contexto adverso para o idioma e a cultura de Galiza, no marco das relacións entre a canción con carácter reivindicativo e a poesía, destaca a figura de Manuel María, quen denuncia na súa obra a opresión á que está sometido o pobo galego e a progresiva perda da identidade que iso implica. A súa contribución ao nacemento e á consolidación da moderna canción galega, insírese nun amplo abano de actuacións a prol da lingua e da cultura propias das que é partícipe -dalgunhas mesmo promotor- na súa constante loita contra o silencio. Este motivo argumental, xunto coa defensa do patrimonio lingüístico e cultural de Galiza, vertebra o seu percorrido vital e literario. Neste traballo analízanse as achegas do poeta lucense á interacción entre a música e a literatura galegas, o que contribúe decisivamente á difusión da súa mensaxe poética e á apropiación popular da súa escrita, na que a contraposición entre a presenza e a ausencia de sons resulta clave para interpretar a súa intervención no ámbito lírico-musical.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Manuel Maríacanción galegaVoces ceibescanción de autorposfranquismo620202 Análisis literario630105 Lengua y cultura"Por eso meu carro canta". Manuel María e a canción galega, 1967-1982doctoral thesisembargoed access