Rodríguez Gil, Luis Ignacio2024-05-312024-05-312013978-84-9887-973-5http://hdl.handle.net/10347/34010A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable e requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada a través dos estados contables (balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto,estado de fluxos de efectivo e memoria). A contabilidade para elaborar esta información segue un método específico o que se coñece como método contable. Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan con coñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia está dirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrase como identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonio da empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todas e cada unha das etapas do ciclo contable,e unha vez introducido o concepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008. Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle acomprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O método contablebookopen access