Copena, DamiánSimón, Xavier2024-02-082024-02-082022Copena Rodríguez, D., Simón Fernández, X. 2022. Parques eólicos e Rede Natura: unha análise desde o marco da Xustiza Enerxética para o caso da Serra do Xistral, 26(1), 143‐165.1138-9788http://hdl.handle.net/10347/32552Galicia é un territorio cun forte desenvolvemento da enerxía eólica. A instalación de parques eólicos tivo lugar rapidamente afectando a espazos con relevancia ambiental. Este feito é especialmente importante no caso da Serra do Xistral, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000 e que conta con hábitats prioritarios, especialmente os vinculados coas turbeiras. O presente traballo analiza, a partir do marco da xustiza enerxética, como foi o proceso de desenvolvemento eólico neste espazo natural facendo fincapé en dúas compoñentes do marco analítico: a xustiza procedimental e a xustiza distributiva. Deste xeito, o traballo identifica e caracteriza os parques eólicos que se atopan dentro do espazo protexido, estuda os procedementos e a participación pública nas avaliacións ambientais dos parques eólicos proxectados dentro da Serra do Xistral e discute sobre as implicacións ambientais das políticas públicas no desenvolvemento de parques eólicos na Rede Natura.glgEsta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución 4.0.Xustiza DistributivaXustiza ProcedimentalEnerxía eólicaSustentabilidadeGaliciaParques eólicos e Rede Natura: unha análise desde o marco da Xustiza Enerxética para o caso da Serra do Xistral. https://doi.org/10.1344/sn2022.26.39404journal article10.1344/sn2022.26.39404open access