Xuntanza Investigador@s Nov@s no ámbito da QuímicaMartínez-Calvo, MiguelMontes Goyanes, RosaVázquez Vázquez, CarlosRumbo Gómez, Antonio2024-12-202024-12-202024https://hdl.handle.net/10347/38256A XINQ é un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poden dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria. A xuntanza está pensada para que @s nov@s investigador@s entendan que se pode explicar a ciencia, a química no noso caso, en lingua galega ao mesmo tempo que desenvolven as súas capacidades de comunicación en público. A xuntanza desenvólvese a través dunha serie comunicacións orais de carácter divulgativo onde, en galego, expoñen os aspectos mais significativos e xerais da investigación que realizan no seu máster ou doutoramento. Nesta cuarta edición, o comité organizador considera que a XINQ consolidouse xa como un espazo para a difusión da investigación no ámbito da química na nosa universidade en galego. Nesta xuntanza pódense encontrar participantes procedentes da maioría dos centros de investigación e facultades da nosa institución, pero ten máis importancia, na nosa opinión, a participación de estudantes que non teñen o galego como lingua materna. El@s ofrécenos o exemplo da importancia que lle dan as persoas á lingua no proceso de integración e como ven nela un vinculo sentimental fundamental na nosa sociedade. Dende a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química débese reflexionar sobre a participación do seu profesorado nesta actividade. Sería positivo que en cada edición unha parella de profesores puideran expoñer a investigación realizada ou un tema científico de actualidade de xeito divulgativo en lingua galega. Deste xeito, co tempo, poderían animarse a desenvolver a súa actividade docente en galego utilizado en pouca medida na nosa facultade.glgAttribution 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by/4.0/Libro de Resumos da IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ 4)bookopen access