Pérez Lago, María2023-10-262023-10-262023http://hdl.handle.net/10347/31090Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2022-2023Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar as ideoloxías lingüísticas imperantes na rede a partir da observación sistemática de prácticas discursivas desenvoltas en TikTok sobre o galego. A investigación baseada nun corpus de comentarios metalingüísticos orais e escritos permitiu coñecer mellor a situación e valor social actual da lingua. En Galicia existe unha situación sociolingüística complexa e o desenvolvemento do mundo dixital propiciou que na actualidade as redes sociais sexan un importe espazo de comunicación no que construír novas identidades e repertorios lingüísticos. O estudo cualitativo e exploratorio levado a cabo na sociedade galega dixital permitiu a identificación dunha ideoloxía do estándar discutida dende o bando da resistencia que fai visible variedades antes excluídas e provoca a aparición de ideoloxías lingüísticas alternativas, así como unha ideoloxía de superioridade lingüística do castelán que mantén ao galego nunha situación de minoración.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Ideoloxías lingüísticasRedes sociaisEstándarPurismo lingüísticoLingua minorizada570510 Sociolingüística6308 Comunicaciones sociales590602 LenguajesIdeoloxías lingüísticas na era dixital: comentarios sobre lingua galega en TikTokIdeologías lingüísticas en la era digital: comentarios sobre lengua gallega en TikTokLinguistic ideologies in the digital age: comments on Galician language on TikTokbachelor thesisopen access