Sanmartín Matalobos, JesúsFondo Busto, María MatildeCorredoira Vázquez, Julio2022-02-162023-01-212022http://hdl.handle.net/10347/27540A presente Tese de Doutoramento enmárcase dentro da área do magnetismo molecular, campo en continua expansión, motivada polas potenciais aplicacións dos imáns moleculares no almacenamento magnético de alta densidade, na espintrónica molecular e/ou na xeración de qubits que proporcionen melloras no campo da computación cuántica. Este traballo ten por obxectivo final a obtención de novos imáns moleculares de lantanoides con barreiras enerxéticas e temperaturas de bloqueo elevadas. Nel descríbense o deseño racional e o traballo levado a cabo para a obtención de diversas series de complexos metálicos de lantanoides con potencial comportamento de moléculas imán, así como a súa caracterización estrutural, estudo das propiedades magnéticas e, nalgúns casos, estudos de luminescencia e mediante cálulos ab intio. Con esta investigación preténdese ademais xerar novas correlacións magnetoestruturais que permitan obter imáns moleculares con propiedades melloradas.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Química de CoordinaciónLantanoidesMagnetismoMoléculas ImánMaterias::Investigación::23 Química::2303 Química inorgánica::230307 Compuestos de coordinaciónMaterias::Investigación::22 Física::2202 Electromagnetismo::220208 MagnetismoComplexos de lantanoides como potenciais moléculas imándoctoral thesisopen access