Fernández Prieto, LourenzoMíguez Macho, AntonioBuxeiro Alonso, Xabier2024-02-062024-02-062023http://hdl.handle.net/10347/32398Na presente disertación realízase unha análise de conxunto sobre a violencia derivada Golpe de Estado de 1936 en Galiza, a partir do estudo de 24 concellos situados no norte da Provincia de Lugo. O texto divídese en tres grandes partes. A primeira, analiza a acción militar golpista de toma do poder, así coma os cambios producidos nos concellos que seleccionamos como área de estudo preferente. A segunda, estuda os asasinatos perpetrados a raíz do Golpe, coa intención de explicar os distintos niveis de violencia rexistrados no territorio, coñecer cales foron os mecanismos de eliminación física de persoas tras a Sublevación e identificar aos distintos actores implicados nas matanzas. A terceira e última parte analiza a selección das vítimas a través dos procesos xudiciais incoados a raíz do Golpe pola xurisdición militar.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Golpe de EstadoGuerra Civilpersecuciónxustiza militaractitudes sociais550402 Historia contemporáneaGolpe, Guerra e violencia na Galiza de 1936. Un estudo desde o norte da Provincia de Lugodoctoral thesisopen access