Prado Pichel, Paloma2013-05-142013-05-142004PRADO PICHEL, Paloma: «Imaxinarios socio-políticos nas eleccións presidenciais francesas de 2002». Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS), vol. 3, nº 1 (2004): pp. 97-110. ISSN 1577-239X1577-239Xhttp://hdl.handle.net/10347/8221Este artigo pretende analizar as circunstancias electorais inherentes ós comicios presidenciais franceses do ano 2002, co obxectivo de establecer as causas que propiciaron o acceso dun candidato de extrema dereita á segunda volta. Dende a perspectiva académica da comunicación política, e a través da ferramenta sociolóxica da teoría dos imaxinarios, estas páxinas interpretan o papel xogado polos medios de comunicación de masas na configuración dos fenómenos cognitivos e dos procesos sociais asimilados polo electorado. O estudio empírico de diferentes soportes a través dunha metodoloxía específica vén confirmar a hipótese de partida: os valores tradicionalmente ligados á República francesa, profusamente exacerbados pola Fronte Nacional de Le Pen, provocaron unha reacción rupturista que asegurou un voto de protesta altamente desestabilizador.glgComunicación políticaeleccións-Franciaimaxinarios sociaisRepública francesateoría de sistemasmedios de comunicaciónImaxinarios socio-políticos nas eleccións presidenciais francesas de 2002journal articleopen access