Rico Gómez, Uxía2023-04-042023-04-042021http://hdl.handle.net/10347/30408Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2020-2021Margaritifera auricularia é unha das especies de bivalvos de auga doce máis ameazadas do noso país. Dende o ano 2013 a súa poboación experimentou un vertixinoso decrecemento por causas ata o momento aínda descoñecidas. A situación tan crítica na que se atopa esta especie demanda medidas de actuación urxentes que consigan reverter o seu risco inminente de extinción, para iso é necesario ampliar o coñecemento dispoñible sobre ela e así conseguir anticiparse a potenciais episodios de mortalidade que mingüen aínda máis as súas poboacións. Neste traballo descríbense as características anatómicas e histolóxicas de Margaritifera auricularia, buscando proporcionar unha guía que sirva de axuda á hora de discernir entre individuos potencialmente sans ou enfermos en futuras avaliacións histopatolóxicas ou estudos de campo. Os resultados obtidos neste traballo, empregando diferentes tipos de tincións histolóxicas, suxiren que a súa estrutura é moi semellante á do resto dos bivalvos de auga doce, especialmente á dos membros da súa familia como Margaritifera margaritifera. Chama a atención o desenvolvemento do tecido muscular nos individuos considerados sans, puidendo ser un elemento a ter en conta á hora de realizar unha valoración inicial do estado sanitario dunha poboación. Non obstante certos achados, especialmente a nivel histolóxico, precisan de estudos adicionais para dilucidar a súa función, un dos máis importantes é a presenza de numerosas concrecións extracelulares de calcio dispersas por todo o corpo do animal seguindo a mesma distribución que o tecido conectivo.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Margaritifera auriculariaExtinciónAnatomíaHistoloxíaCalcioEstado sanitarioMaterias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3109 Ciencias veterinarias::310901 AnatomíaDescrición anatómica e histolóxica do mexillón de río Margaritifera auriculariaDescripción anatómica e histológica del mejillón de río Margaritifera auriculariaAnatomical and histological description of Giant Freshwater Pearl Mussel Margaritifera auriculariabachelor thesisopen access