Forcadela, Manuel2013-03-152013-03-152008FORCADELA, Manuel: « O porco de pé como cronografía», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 159-1840214-9117http://hdl.handle.net/10347/7591A consideración d’O porco de pé como cronografía permítenos desvelar algúns aspectos que interveñen na construción ideolóxica que opera no interior da novela. A ollada que o autor dirixe sobre o tempo que está a describir non é unha ollada neutra, ocupada en dar conta fiel e exhaustiva dos avatares da historia de Galicia nos anos que median entre 1918, final da Primeira Guerra Mundial, e 1923, inicio da Ditadura de Primo de Rivera, senón que é unha ollada deturpada polas concepcións políticas e culturais de Vicente Risco. De maneira que a novela convértese, á marxe doutras consideracións, nunha peza de inestimábel valor coa que afrontarmos a evolución ideolóxica do seu autor e, tamén, nun elemento central no diálogo existente entre as diferentes partes da obra. Ademais resulta ser unha instantánea das posicións ideolóxicas presentes no tempo da súa redacción, cando Risco era xa consciente de que o seu papel central na dirección do galeguismo comezara a minguar.glgcronografíanovela galegaO porco de péVicente RiscoO porco de pé como cronografíajournal articleopen access