Costas Fragueiro, Brais2023-10-262023-10-262023-06http://hdl.handle.net/10347/31088Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2022-2023En liñas xerais, este Traballo de Fin de Grao ten por finalidade central realizar un primeiro achegamento aos protocolos notariais de Johán Rodríguez, da catedral de Tui (referencias arquivísticas ES.GA.36055.ACHDT/1.8.1.45.//1004_1 e ES.GA.36055.ACHDT/1.8.1.45.//1003_2). Estes foron producidos a principios do século XV, exactamente entre 1413 e 1442. Para iso, en primeiro lugar, seleccionarase un subcorpus de estudo, caracterizado por un conxunto senlleiro de documentos que reflictan a intervención da muller en asuntos relacionados basicamente coa compravenda e o aforamento de propiedades. Unha vez escollidos estes textos, procederase á súa edición e posteriores estudo e análise ecdótica. Ademais, reuniranse e estudaranse as alusións que nestes documentos se fan ao notario Vasco Lourenço de Tui, autor dunhas glosas a un exemplar do Fuero Real de Afonso X que circulou polas terras do Baixo Miño entre finais do século XIV e principios do século XV. Así pois, este Traballo de Fin de Grao supón un primeiro chanzo dentro dun proxecto de investigación máis amplo, que consistiría na edición e análise do conxunto deses protocolos notariais tudenses de principios do XV. Encádrase dentro do proxecto "Escritorio Galego-Portugués Antigo", resultado dun proceso de investigación iniciado en 2007 no seo do Instituto da Lingua Galega. Actualmente, o EGPA desenvólvese no marco de dous proxectos de investigación vencellados ás universidades de Alcalá de Henares e Santiago de Compostela: HERES (Universidad de Alcalá de Henares) e PTGM (ILG-USC). O seu obxectivo principal é ofrecerlle ao investigador textos galegos, portugueses e brasileiros producidos entre a plena Idade Media e principios do século XX en multiedición dixital: transcrición paleográfica, presentación presentación crítica, reprodución facsimilar, concordancias e acceso aos diferentes grupos textuais de acordo con distintos criterios de clasificación (cronolóxico, xeográfico, tipolóxico etc.). Para máis información, véxase: https://corpora.uah.es/egpa/.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Catedral de TuiGalego medievalJohán RodríguezProtocolos notariaisProsa documental570201 Lingüística histórica570106 DocumentaciónPrimeira aproximación aos protocolos notariais de Johán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442)Primera aproximación a los protocolos notariales de Johán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442)First contact to the notarial registries of Johán Rodríguez (Tui Cathedral, 1413-1442)bachelor thesisopen access