Fraga Sampedro, María Dolores2014-04-072014-04-072013978-84-15876-53-3http://hdl.handle.net/10347/10075Titulación: Grao en Historia da Arte -- Materia: Fontes Documentais e Literarias para a Historia da ArteA materia Fontes documentais e literarias para a Historia da Arte, posúe o carácter de obrigatoria e ten que ser cursada no segundo ano (2º curso), en concreto no segundo cuadrimestre. Está integrada no módulo Coñecementos sistemáticos e integrados do feito artístico. Esta materia está estreitamente relacionada con Literatura e Arte no mundo antigo e medieval de primeiro curso, Fundamentos teóricos da historia da Arte de primeiro curso, Métodos de Análise e Interpretación do Fenómeno artístico impartida no segundo curso, primeiro cuadrimestre, e Historia das Ideas Estéticas de cuarto curso do Grao. Xunto a estas tres derradeiras materias, a materia Fontes documentais e Literarias para a Historia da Arte, conforma o módulo Coñecementos sistemáticos e integrados do feito artístico. Os seus contidos procuran un estudo das Fontes para a Historia da Arte desde a Antigüidade á época contemporánea, cuestión que require a división interna da materia en tres grandes bloques temáticos contemplados no programa: Fontes para o estudo da Arte antiga, Fontes para o estudo da Arte medieval e Fontes para o estudo da Arte moderna e contemporánea. Esta Unidade Didáctica corresponde ao segundo bloque temático da materia. Identifícase coa Unidade II, «Fontes para o estudo da Arte medieval». Organízase en seis apartados diferenciados pola tipoloxía de fontes literarias e documentais na Idade Media. A construción desta Unidade Didáctica reflicte a organización xeral da materia. Para as Fontes literarias, a estrutura xeral da materia se fundamenta na teoría dos xéneros artísticos de Julius von Schlosser, na súa proposta de catalogación das Fontes nas sucesivas etapas da Historia, para a súa análise científica. No campo das Fontes documentais mantéñense os criterios de clasificación das ciencias historiográficas, Paleografía e Diplomática.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/PaleografíaCodicoloxíaCodicologíaEpigrafíaNumismáticaTratadística profesionalÁlbum de Villard de HonnecourtEkphraseEkphrasisLiteratura odepórica medievalItinerario de ExeriaItinerario de EgeriaLiber Sancti IacobiFontes Documentais e Literarias para a Historia da ArteGrao en Historia da ArteMaterias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550403 Historia medievalMaterias::Investigación::55 Historia::5505 Ciencias auxiliares de la historia::550508 PaleografíaFontes para o estudo da arte medievalbookopen access