Míguez, Vítor2024-01-192024-01-192021-07-29Míguez, V. (2021). A categoría da modalidade e a súa expresión na lingua galega. Estudos de Lingüística Galega, 13, 107–137. https://doi.org/10.15304/elg.13.73861989-578Xhttp://hdl.handle.net/10347/31907A modalidade é unha categoría de análise de grande éxito na lingüística que recibiu escasa atención nos estudos sobre o galego. Esta contribución mostra as dificultades con que baten os achegamentos lingüísticos tradicionais á hora de alcanzar unha definición coherente da modalidade e defende, a partir do exame da realización interlingüística das categorías modais, que a modalidade tal e como foi entendida tradicionalmente dá cobertura a trazos peculiares das linguas máis estudadas e que estes son escasamente representativos do comportamento xeral das linguas. Como alternativa, proponse un marco de traballo para o tratamento das categorías modais que diverxe do achegamento tradicional, na medida en que parte dunha definición estrita dos dominios conceptuais e dunha perspectiva ampla da súa realización formal. Neste marco, o concepto de modalidade perde protagonismo para deixar paso ás nocións, conceptualmente simples e coherentes, de modalidade deóntica, modalidade epistémica, modalidade inferencial e modalidade afectiva. Estas nocións constitúen dominios semánticos independentes, mais posúen características comparables en termos de estrutura e alcance semánticos. A argumentación acompáñase de exemplos, tirados dun corpus electrónico, representativos da variedade formal que ofrece o galego para a expresión destas categorías semánticas.glgCopyright (c) 2021 Universidade de Santiago de Compostela. Todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0semánticagramáticamodalidadeevidencialidadegalego5704 Teoría lingüísticaA categoría da modalidade e a súa expresión na lingua galegajournal article10.15304/elg.13.7386open access