Meliss, MeikeGahr, Alexander2025-06-192025-06-192025https://hdl.handle.net/10347/42166Os verbos de réxime preposicional (bitten um etwas) constitúen un tema complexo para o alumnado de alemán como lingua estranxeira en todos os niveis do Marco común europeo de referencia para as linguas. Os verbos con preposición (abreviado: VCP) son unha combinación fixa dun verbo e unha preposición que é rexida polo verbo. As dificultades do alumnado maniféstanse en forma de erros como omisión, confusión e adición dunha preposición, a elección do caso erróneo coas denominadas preposicións de cambio e en problemas co adverbio preposicional. Por outra banda, frecuentemente dáse a confusión entre unha preposición e unha partícula separable dun verbo. Inférese que estes problemas débense á interrelación entre factores intra- e interlingüísticos, así como externos, que se analizarán no presente traballo. O factor intralingüístico refírese á complexidade que presentan os VCP na lingua alemá, mentres que o factor interlingüístico remite ás diferenzas existentes neste ámbito entre o español e o alemán.deuAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/alemánverbospreposiciónaprendizajedificultades570111 Enseñanza de lenguas570501 Lingüística comparadaVerben mit Präpositionen für die DaF-Didaktik auf A-Niveau: Identifikation, Selektion und Strukturierung auf der Grundlage empirischer Methodendoctoral thesisembargoed access