RT Book,_Whole T1 Xestión de residuos orgánicos de uso agrícola A1 López Mosquera, María Elvira A1 Sáinz Oses, María Jesús K1 Residuos K1 Residuos agro-gandeiros K1 Residuos orgánicos K1 Residuos agrícolas AB A actividade gandeira, especialmente a realizada en explotacións de carácter intensivo, xera gran cantidade de deiecións, que constitúen un recurso valioso como emendae fertilizante en terreos agrícolas. Sen embargo, en moitos casos, seu exceso as convirte en residuos e a súa mala xestión no problema ambiental máis importante orixinado por este tipo de explotacións. Orixínanse ademais outros residuos e subprodutos (subprodutos animais, residuos sanitarios, etc.), cuxo aproveitamento e/ou eliminación debe xestionarse axeitadamente. Por outra banda, no medio agrícola, cada vez empréganse máis materiais orgánicos e subprodutos procedentes da industria agroalimentar, que deben ser estudados en profundidade antes da súa aplicación no campo. A súa valorización como emendas e fertilizantes debe facerse tendo en conta o marco legal vixente, sen orixinar problemas de tipo ambiental ou sanitario.Este libro recolle seminarios impartidos no Curso de experto en xestión de residuos xerados nas explotacións agrogandeiras e nas industrias agrarias de transformación, organizado, dende ocurso académico 2005-2006, polo Instituto de Biodiversidade Agraria y Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela, dentro da programación de postgrao. Estruturase de forma que se presentan en primeiro lugar distintos artigos relacionados coas principais implicacións ambientais da fertilización orgánica (cambio climático, eutrofización, contaminación por metais), para continuar con distintas experiencias sobre o aproveitamento de distintos materiais orgánicos orixinados en explotacións gandeiras e agroindustriais. Por último, adícase un apartado á técnica da compostaxe como proceso moi versátil na valorización de distintos residuos.As coordinadoras desexan que esta publicación sirva como complemento bibliográfico a todos aqueles interesados na xestión de “residuos-recursos orgánicos” de utilidade no medio agrícola e forestal PB Universidade de Santiago de Compostela; Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-822-6 YR 2011 FD 2011 LK https://hdl.handle.net/10347/42139 UL https://hdl.handle.net/10347/42139 LA spa NO López Mosquera, ME. & Sainz Osés, M.J. (Coords.) (2011). Guía de residuos orgánicos de uso agricola. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9887-822-6 NO Colabora Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Xunta de Galicia, Consellería de Medio Rural; Deputación Provincial de Lugo; Lactalis DS Minerva RD 24 abr 2026