RT Book,_Whole T1 Miases dos animais de renda A1 Panadero Fontán, Rosario A1 Díaz Fernández, Pablo K1 Enfermidades Parasitarias II K1 Grao en Veterinaria AB Esta unidade didáctica denominada Miases dos animais de renda formaparte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no primeirosemestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta de 3bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses. Cadaunha delas está composta por varias unidades didácticas.Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao enVeterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad yAcreditación» (ANECA), as materias enfermidades parasitarias I e II formanparte do grupo de sanidade animal e están moi relacionadas coas materiasque integran este grupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidadesinfecciosas, medicina preventiva e policía sanitaria, e zoonoses e saúdepública.Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidadesparasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía,inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxíaxeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía,farmacia e terapéutica, e serán impartidos en seis sesións de docenciateórica, dúas de prácticas clínico-laboratoriais e unha de seminarios.A formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina deenfermidades parasitarias achega ó profesional veterinario un amplocoñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión,acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e controldos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de formaindividual como colectiva, e especialmente, neste último caso, posto que asenfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúnsdas colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos noestudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar asafeccións que se transmiten dos animais ó home (zoonoses) e de certasenfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo destadisciplina é básico para establecer os correspondentes Programas deSanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debeelaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-731-1 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/23175 UL http://hdl.handle.net/10347/23175 LA glg NO Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Enfermidades Parasitarias II NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026