RT Generic T1 Un futuro de envellecemento: que acontece coa produtividade? A1 Vicente Baz, Pablo K1 Envellecemento K1 Produtividade K1 Formación continua K1 Xubilación K1 Tarefas K1 Habilidades AB Ante un futuro inminente marcado polo envellecemento, analizamos o papel que a produtividade pode desempeñar ante os novos desafíos que este cambio demográfico trae consigo. Estes novos retos van alén da sustentabilidade do sistema de pensións, afectando ás políticas fiscais, monetarias, saúde e coidados. Ante a dificultade de aumentar a forza de traballo, preguntámonos se cabe esperar un aumento da produtividade suficiente que compense o descenso do número relativo de traballadores. Analizando indicadores como a PTF ou a produtividade por hora traballada nas últimas décadas tanto en Europa como en EE.UU non semella moi realista agardar un crecemento suficientemente elevado da mesma. Ademais, numerosa literatura atopa unha forte relación entre o envellecemento e un descenso do crecemento económico, non só pola menor dimensión da forza de traballo senón, e inclusive en maior medida, pola caída da produtividade como consecuencia do propio avellentamento da forza de traballo. Porén, non todos os autores concordan con esta relación. Ademais, a base teórica segundo a cal a idade pode causar un descenso na produtividade non é de todo evidente. Mergullándonos na escasa literatura que se centra na súa fundamentación, atopamos principalmente dúas hipóteses plausibles polas que a produtividade se vería afectada pola idade. A primeira, que os traballadores de máis idade bloquean a adopción de novas tecnoloxías nas súas empresas, ante os custos e os escasos beneficios que lles supón a súa implantación. A segunda, cunha maior evidencia, que os traballadores sofren un descenso nas súas capacidades co aumento da idade. En consonancia con estes mecanismos, propóñense diferentes medidas destinadas a atenuar os posible deterioro da produtividade, como o incremento da formación ao longo do ciclo vital, incentivos ao atraso voluntario na xubilación, ou melloras na saúde. Concluímos con que deben ser utilizadas múltiples pancas para facer fronte ao envellecemento. YR 2022 FD 2022-06 LK http://hdl.handle.net/10347/29943 UL http://hdl.handle.net/10347/29943 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 28 abr 2026