RT Book,_Whole T1 Procesos da historiografía literaria galega. Para un debate crítico A1 Casas Vales, Arturo K1 Historia da literatura galega K1 Historia literaria comparada K1 Estudos ibéricos K1 Socioloxía da literatura K1 Historia dos sistemas literarios K1 History of Galician literature K1 Comparative literary history K1 History of the literary systems K1 Iberian Studies K1 Sociology of literature AB A historiografía literaria galega evidencia engarces e rupturas que remiten á propia historia cultural de Galiza e á secuencia de acontecementos históricos que desde o século XIX deliñaron o desenvolvemento social, económico e político do país. Nesas coordenadas entran unha serie de procesos entre os cales destaca a elaboración e propagación de idearios orientados ao logro dunha saída da subalternidade política ou ao horizonte dunha emancipación nacional. Aqueles acontecementos e estes procesos marcaron igualmente a conexión de Galiza coa modernidade e coas dinámicas do cambio histórico. En consecuencia co anterior, este libro analiza con sentido crítico os procesos de institucionalización da historia da literatura galega —con particular atención a modelos historiográficos como os de Said Armesto, Carvalho Calero, Méndez Ferrín e outros— e sinala a necesidade de activar unha innovación metodolóxica da disciplina eficaz en termos heurísticos, orgánicos e discursivos. Defende asemade que a actualización debe prestar atención a debates teóricos de fondo, non exclusivos de coordenadas culturais específicas, como as galegas ou outras que se poidan considerar. Entre eses debates teórico-metodolóxicos poden destacarse a colaboración entre historia e socioloxía, a comprensións dos feitos literarios como feitos históricos, o reexame do nexo entre historia literaria e nación, os usos públicos da historia literaria e a exploración de alternativas discursivas promotoras dunha historiografía menos autocompracente e previsíbel. Isto implicou fundamentalmente un reto, o do diálogo permanente con algunhas das relecturas críticas máis potentes da tradición historiográfica galega e cos modelos alternativos constituídos desde o pensamento feminista, as teorías poscoloniais, a socioloxía do campo literario ou as teorías sistémicas da cultura, así como tamén coas achegas efectuadas desde unha comprensión posnacional do fenómeno literario. AB Galician literary historiography shows links and ruptures that refer to the cultural history of Galicia itself and to the sequence of historical events that have delineated the social, economic and political development of the country since the 19th century. These coordinates comprise a series of processes, including the elaboration and propagation of ideologies aimed at achieving a way out of political subalternity and oriented towards the horizon of national emancipation. Those events and these processes also marked the connection of Galicia with modernity and the dynamics of historical change. As a result of the above, this book analyses critically the institutionalization processes of the history of Galician literature—with special emphasis on historiographic models such as that of Said Armesto, Carvalho Calero, Méndez Ferrín and others—and indicates the need to undertake a productive methodological innovation of the discipline in heuristic, organic and discursive terms. It further argues that this update should pay attention to substantive theoretical debates, not exclusively of specific cultural coordinates, such as Galician ones or any others that could be considered. Among these, the cooperation between history and sociology, the intellection of literary facts as historical facts, the review of the link between literary history and nation, the public uses of literary history, and the inquiry of discursive choices that promote a less self-indulgent and predictable historiography. This essentially involved a challenge, that of permanent dialogue with some of the most powerful critical reinterpretations of the Galician historiographic tradition and with alternative models constituted from feminist thought, postcolonial theories, the sociology of the literary field or the systemic theories of culture, as well as with the contributions made from a post-national understanding of the literary phenomenon. PB Edizioni Ca'Foscari SN 978-88-6969-530-8 SN 978-88-6969-531-5 SN 2610-8844 YR 2021 FD 2021 LK https://hdl.handle.net/10347/38391 UL https://hdl.handle.net/10347/38391 LA glg NO Casas, A. (2021). Procesos da historiografía literaria galega. Para un debate crítico. Venecia, Edizioni Ca' Foscari, Biblioteca di Rassegna Iberistica 23, 370 pp. NO Obra publicada grazas aos fondos recibidos, para o trienio 2019-2021, polo grupo de investigación Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (GI-1371) procedentes do programa Axudas á Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do Sistema Universitario de Galicia. Entidade: Xunta de Galicia. Referencia: ED431C 2018/17. DS Minerva RD 22 abr 2026