RT Dissertation/Thesis T1 A xudicialización da violencia golpista. Unha mirada transversal á administración de xustiza entre 1930 e 1942 A1 Cidrás Fuentes, Aldara K1 Guerra Civil Española K1 Administración de Xustiza K1 Perpetradores K1 Xudicatura K1 Pontevedra K1 Lawfare K1 Franquismo K1 Segunda República AB A historia do golpe de Estado de 1936 é tamén, a historia dun asalto ao Estado xurisdicional. E é que a xurisdición non é un aspecto máis do Estado, senón que está na cerna mesma do concepto de soberanía. Os golpistas precisaban configurarse como contraestado que exerce a súa función xurisdicional para evidencciar que eles mesmos eran, en efecto, o verdadeiro Estado. Asemade, foi a través do exercicio desta mesma función xurisdicional como os sublevados canalilzaron fundamentalmente as súas lóxicas eliminacionistas. O exceso de aparente celo e o interese nun normativismo performativo xa dende os primeiros momentos do conflito evidencian que a administración de xustiza foi unha peza clave na súa estratexia, ofrecendo múlltiples utilidades alén do punitivismo contra un outro político. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/32316 UL http://hdl.handle.net/10347/32316 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026