RT Book,_Whole T1 Estereoisomería A1 Seijas Vázquez, Julio Antonio A1 Vázquez Tato, María del Pilar K1 Isomería K1 Isómeros estruturais K1 Isómeros estructurales K1 Estereoisómeros K1 Compostos quirais K1 Compuestos quirales K1 Regra de Cahn K1 Regla de Cahn K1 Regra de Ingold K1 Regla de Ingold K1 Regra de Prelog K1 Regla de Prelog K1 Proxección de Fischer K1 Proyección de Fischer K1 Proxección de Newman K1 Proyección de Newman K1 Confórmeros K1 Enantiómeros K1 Diastereoisómeros K1 Química Orgánica K1 Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais AB A planificación da materia fíxose mediante unha ordenación segundo os distintos grupos funcionais. Isto permite subministrar os coñecementos básicos sobre a estrutura das moléculas orgánicas ao mesmo tempo que posibilita a introdución progresiva dos distintos tipos de reaccións (substitución, eliminación, adición,…). Esta ordenación é aconsellable, dende o punto de vista pedagóxico, para o alumnado que se inicia no estudo da química orgánica, pero non impide que se vaian introducindo ao longo do curso as relacións existentes entre funcións que dan reaccións similares. Trátase de evitar un programa con contidos excesivamente enciclopédicos e de carácter demasiado descritivo. O obxectivo é que o estudante comprenda a química orgánica dunha maneira lóxica e consiga un bo afianzamento da súa metodoloxía. Xa que é necesario a compresión e o coñecemento dos temas anteriores para o seguimento dos posteriores. Estes coñecementos dirixiranse a súa utilidade na industria química.Esta unidade didáctica encádrase no bloque I sobre a estrutura dos compostos orgánicos, abordando os isómeros configuracionais aos que se lles soe dar o nome de estereoisómeros. Na unidade didáctica anterior xa se estudaron outro tipo de isómeros (confórmeros ou rotámeros) que, a diferenza dos que se abordan nesta, son interconvertibles por rotación de enlaces sinxelos. A comprensión dos isómeros conformacionais facilitará o estudo dos estereoisómeros, que se ben presentan o mesmo patrón de enlaces no son interconvertibles por rotación (enantiómeros e diastereoisómeros). O seu entendemento vai ser imprescindible e, ao mesmo tempo, facilitar o estudo do bloque 2. Por outra parte, vai permitir a comprensión de moitos procesos que teñen lugar nos seres vivos e a súa utilidade na industria, xa que a actividade de certos pesticidas, fármacos e axentes mutáxenos pódense explicar por medio das interaccións cos centros activos dos enzimas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-886-8 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/10025 UL http://hdl.handle.net/10347/10025 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais -- Materia: Química Orgánica NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 17 abr 2026