RT Generic T1 A violencia de xénero na Costa da Morte: análise do tratamento nos medios de comunicación da zona A1 Bermúdez Lista, Sheyla K1 Violencia de xénero K1 Xornalismo K1 Machismo K1 Vítimas K1 Medios K1 Violencia machista K1 Costa da Morte K1 La Voz de Galicia AB A violencia de xénero é un problema grave que existe en España desde sempre e que leva por diante a vida de máis de cincuenta mulleres cada ano. Este traballo analiza se en pleno século XXI os xornalistas tratan o tema co coidado e respecto que merece, como un problema social, ou se pola contra, informan buscando o sensacionalismo e o morbo. O estudo busca demostrar que non se lle da a visibilidade necesaria e poucas veces se fala da situación se non é para informar dun asasinato. Está centrado na Costa da Morte e no xornal La Voz de Galicia, edición Carballo. Tenta deixar claro que é necesaria unha especialización no tema e elaborar as informacións desde unha perspectiva de xénero para informar e formar á xente sobre a violencia de xénero, explicando que non todo é violencia física, senón que a psicolóxica pode ser incluso peor, ofrecendo a visión e opinión de expertos e deixando claro que hai saída para todas esas mulleres que se senten desprazadas e humilladas día a día. Ademais do análise do tratamento das informacións do xornal La Voz de Galicia. Edición Carballo, tamén se investigou cal é a situación nos diferentes concellos e pobos da zona (número de denuncias, número de mulleres que acoden aos Centros da Muller que hai na zona…) para ver se coincide o enfoque que se da na prensa coa realidade. Varios expertos aportaron a súa visión sobre o tratamento, tanto na prensa xeral como na da Costa da Morte, a súa experiencia co tema e varios datos relevantes para a elaboración do estudo YR 2018 FD 2018-07 LK https://hdl.handle.net/10347/37867 UL https://hdl.handle.net/10347/37867 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Xornalismo. Curso 2017-2018 DS Minerva RD 1 may 2026